CRTVG

Buscar

Falece un home tras caer ao mar na Pobra do Caramiñal

Publicado o 01/07/2020 14:05
Falece un home tras caer ao mar na Pobra do Caramiñal

Un home faleceu na mañá deste mércores tras ser rescatado do mar no peirao da Pobra do Caramiñal. O motivo da caída podería ser un esvarón nunha zona de musgo preto do porto, segundo apunta o 112. O suceso ocorreu pouco despois das dez da mañá, cando a vítima foi rescatada por varias persoas que se atopaban na zona e que solicitaran asistencia médica urxente.

Alertouse o persoal de Portos de Galicia, o 061, axentes da Garda Civil e da Policía Local, membros de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia. Con todo, non se puido facer nada por salvar a vida ao home.