CRTVG

Buscar

Falece un home nun accidente nunha explotación gandeira en Melide

Publicado o 03/04/2021 15:03

Accidente laboral na mañá do sábado en Melide. Un home faleceu tras sufrir un corte no peito mentres traballaba nunha explotación gandeira. Feriuse mortalmente cunha radial. Foron os seus compañeiros os que o trasladaron ao PAC de Melide. Os efectivos sanitarios non puideron facer nada para salvarlle a vida.