Falece un home nun accidente de tráfico en Mazaricos

Unha persoa morreu nun accidente de tráfico entre dous turismos en Mazaricos. A colisión rexistrouse entre os lugares de Eirón e Cuíña, nunha estrada local á altura dunha peque edificación que ten un letreiro de obra e que é un centro social. O falecido vivía no núcleo de Cuíña.
Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Santa Comba que interviñeron para liberar á vítima que quedou atrapada nun dos coches, axentes da Garda Civil, Protección Civil, GES de Muros e sanitarios que só puideron certificar a morte do home.
#AXEGAInforma de que unha persoa faleceu tras producirse unha colisión entre dous coches en #Mazaricos. Os #BombeirosSantaComba tiveron que intervir para liberar á vítima. Ata o lugar acudiron os sanitarios, #GESMuros, @guardiacivil e Protección Civil da localidade. pic.twitter.com/aepPyZ1oyZ
— 112Galicia (@112Galicia) August 8, 2021