CRTVG

Buscar

Falece un home nun accidente de tractor no concello coruñés de Irixoa

Publicado o 29/07/2020 19:15
Falece un home nun accidente de tractor no concello coruñés de Irixoa

Un home resultou falecido este mércores nun accidente de tractor rexistrado no municipio de Irixoa, na Coruña.

Segundo informaron fontes do CIAE 112-Galicia, foi un particular o que alertou pouco antes das 17.00 horas de que atopara un tractor envorcado nunha leira particular o lugar de Ambroa, en Irixoa, na estrada entre Ares e Miño.

Ata a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Betanzos, a Garda Civil de Tráfico e o helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago, que só puido certificar a morte da vítima.