CRTVG

Buscar

Falece un home nun accidente cunha máquina de cortar leña na súa leira en Monfero

Publicado o 02/01/2019 20:56
Falece un home nun accidente cunha máquina de cortar leña na súa leira en Monfero

Un home de 42 anos de idade faleceu este mércores no municipio coruñés de Monfero ao sufrir un accidente cunha máquina de cortar leña mentres traballaba na leira da súa vivenda, situada no lugar da Picheira.

Un veciño da vítima deu a voz de aviso aos servizos de urxencia ás 14,15 horas deste mércores.

Segundo fontes da Garda Civil, o falecido atopábase traballando só na súa leira cando sufriu un accidente cunha máquina para cortar leña coa que ía equipada o tractor que manexaba. Tras recibir o aviso, a central do 112 alertou os profesionais sanitarios de urxencias, os bombeiros de Eume e a Garda Civil da localidade, que non puideron facer nada pola vida do home, que faleceu no acto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/01/2019