CRTVG

Buscar

Falece un home no incendio da súa casa en Salvaterra

Publicado o 27/10/2019 13:43

Un home de 71 anos faleceu nun incendio que se declarou no interior da súa vivenda na parroquia de Alxén, en Salvaterra de Miño. Os veciños escoitaron uns ruídos e ao saíren viron as lapas no tellado. Alertaron o 112 e intentaron entrar para sacar o falecido, pero coas virulencia das lapas non lles foi posible.

Os veciños sabían que o falecido estaba dentro porque se atopaba mal e estivera todo o día no hospital. O interior da vivenda era de madeira e o lume calcinouna por completo. Os veciños moveron o coche do falecido e as bombonas de butano que tiña dada a proximidade das lapas. Ata o lugar acudiron os bombeiros do Porriño e de Ponteareas que permaneceron ata pasadas as dúas da mañá.

A Garda Civl investiga as causas polas que se produciu o incendio. O corpo do falecido foi trasladado ata o hospital Nicolá Peña de Vigo, onde lle van practicar a autopsia.

Noticias web

27/10/2019