Falece un home na Cañiza por posible intoxicación de monóxido de carbono
Publicado o 07/12/2020 14:45

Un home de 48 anos apareceu morto esta madrugada no interior da súa vivenda no concello da Cañiza. Ocorreu no lugar do Burgo, na parroquia de Oroso.
A vítima estaría facendo uns arranxos nunha vivenda e empregou unha máquina coa que posiblemente se intoxicou.
Aínda así, investigan outras posibles causas da súa morte.
O home non regresou ao seu docimicilio e un familiar foi buscalo. A vítima recibiu axuda dunha ambulancia e foi un equipo do PAC da Cañiza o que certificou a súa morte.