CRTVG

Buscar

Falece un home en Vigo tras caer co seu coche por un desnivel

Publicado o 17/09/2020 17:25

Un home de 54 anos faleceu esta tarde nun accidente de tráfico en Vigo. Por motivos que aínda se descoñecen, o condutor perdeu o control do vehículo na subida á Madroa. O coche caeu por un desnivel e foi parar a un campo de fútbol. O bombeiros de Vigo tiveron que intervir para liberar a vítima. Os servizos de urxencias sanitarias xa non puideron facer nada por salvarlle a vida.

Noticias web

17/09/2020