CRTVG

Buscar

Falece un home en Trives ao caer dende unha altura de dous metros cando estaba castrando mel

Publicado o 01/09/2021 20:29
Falece un home en Trives ao caer dende unha altura de dous metros cando estaba castrando mel

Un home faleceu esta tarde tras caer dende unha altura de dous metros cando estaba castrando mel. Foi nunha parcela, ao pé da estrada que une A Pobra de Trives co Barco, na que o home tiña viñas e colmeas.

Por causas que se descoñecen caeu dende o alto ao estaren facendo os traballos apícolas, segundo Protección Civil de Trives que foron dos primeiros en chegar ao lugar do accidente. Un familiar que estaba con el foi o que avisou ao 112.

Mobilizaron un helicóptero medicalizado pero cando o persoal sanitario chegou xa non puido facer nada por salvarlle a vida. O falecido tiña 82 anos e era de Manzaneda.

Noticias web

01/09/2021