CRTVG

Buscar

Falece un home en Rianxo tras ser atropelado

Publicado o 03/01/2020 13:44

O primeiro atropelo mortal do ano sucedeu en Rianxo, na zona do porto. Un veciño desa localidade de 60 anos faleceu cando trataba de cruzar a estrada cerca dunha rotonda. Uns camións que estaban estacionados cerca puideron reducir a visibilidade do condutor do vehículo.

O atropelo foi sobre as nove e media da noite. Os servizos de emerxencias trataron de reanimar o home durante 40 minutos, pero finalmente faleceu. Tiña 60 anos. Cruzaba a estrada por esta zona da explanada do peirao.

Raúl Frieiro. Xefe da Policía Local de Rianxo: "Cremos que irrompeu na calzada por unha zona incorrecta e tampouco levaba reflectores. A visibilidade era reducida"

No lugar adoitan estacionar camións e furgonetas, que puideron influír na visibilidade do condutor. Unha farola está fundida e a pintura da calzada é case imperceptible.

A velocidade neste treito está limitada a 40 quilómetros por hora. O falecido non cruzaba polo paso de peóns.
: "Haino alí, pero aquí non. Ao mellor non se pode poñer ao haber cerca unha rotonda"

O condutor do vehículo tamén é veciño de Rianxo.

Raúl Frieiro. Xefe da Policía Local de Rianxo "A persoa ao saber da morte do peón tivo que ser atendida dunha crise de ansiedade"

O cadáver do falecido foi trasladado a Santiago para realizarlle a autopsia. Os axentes que investigan o caso están pendentes dos seus resultados e da análise pormenorizada do vehículo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí