CRTVG

Buscar

Morre un home en Poio ao caer dun patinete e bater a cabeza contra o chan

Publicado o 12/01/2020 17:45
Morre un home en Poio ao caer dun patinete e bater a cabeza contra o chan

Un condutor que pasaba pola zona atopou o home tendido no chan  a  carón do patinete electrico e deu aviso ao 112 .Sucedeu a primeira hora da tarde nesta  rua do Campelo que baixa cara á lonxa, en Poio.

Cando os servizos de emerxencia chegaron ao lugar o mozo xa falecera. Tiña  pouco máis de 30 anos e vivía, cos pais e tres irmáns uns metros máis arriba do lugar do sinistro.

Manuel Vicente Camaño, de Protección Civil dixo que cando chegaran xa estaba a ambulancia medicalizada que certificou o falecemento. "Descoñécese se caeu só, se foi unha manobra, de momento non se sabe. Descoñécense as causas", engade.

A Policía Local da localidade pontevedresa investiga esta morte como un accidente de tráfico. A vítima non levaba casco e barallan que puido levar un golpe na cabeza ao caer pero non descartan que tivera algunha indisposición previa que causara a caída.

O cadáver foi trasladado ao hospital Provincial de Pontevedra, onde lle practicarán a autopsia mañá.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí