CRTVG

Buscar

Falece un home en Marbella por disparos

Publicado o 04/12/2019 08:20

Un home de entre 45 e 50 anos morreu na tarde deste martes en Marbella por mor de feridas causadas por impactos de bala, segundo informaron fontes policiais.
Os feitos tiveron lugar a última hora da tarde nun aparcamento da zona de  Cabopino, onde dous individuos, que posteriormente fuxiron nun vehículo, dispararon contra a vítima.
As fontes policiais han indicado que polo momento non hai detidos.