CRTVG

Buscar

Falece un home en Castrelo do Val ao envorcar o tractor que manexaba

Publicado o 25/06/2020 21:36
Falece un home en Castrelo do Val ao envorcar o tractor que manexaba

Un home faleceu este xoves após envorcar o tractor que manexaba no concello de Castrelo do Val (Ourense), onde se atopaba traballando nunha leira, informou o 112 Galicia.

O aviso do accidente recibiuse ás 18:15 horas a través do 061, que comunicaba que se mobilizou o helicóptero con base en Ourense para atender a vítima.

Ata o lugar desprazáronse os servizos sanitarios de urxencia, que só puideron confirmar a morte. Ademais, deuse aviso ao GES de Laza e á Garda Civil, e tamén aos bombeiros de Verín.