CRTVG

Buscar

Falece un octoxenario no concello de Arbo tras sufrir un accidente co seu tractor

Publicado o 16/03/2019 16:00

Un home de 84 faleceu este venres no lugar de Abelenda do Cuarto, no concello pontevedrés de Arbo, tras sufrir un accidente co seu tractor. Tal como informou o 112 Galicia, o sinistro produciuse ao redor das 15:30 horas, cando o vehículo envorcou deixando o condutor debaixo da maquinaria agrícola. 

Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias tiveron constancia do sucedido a través dunha chamada de alerta dos servizos sanitarios de urxencias, que informaron que se desprazaron ata o lugar dos feitos. Debido á gravidade das lesións, o persoal sanitario confirmou a saída do helicóptero medicalizado con base en Ourense para a evacuación do ferido.

Así mesmo, desde o 112 Galicia requiriuse a intervención dos Bombeiros de Ponteareas, así como da colaboración dos axentes da Garda Civil. Con todo, a pesar dos esforzos dos efectivos sanitarios, nada puideron facer por salvarlle a vida ao condutor.

O vehículo non dispuña  de arco de proteción. Ata o lugar de Abelendo en Mourentán achegouse o helicóptero H4 medicalizado con base en Ourense e tamén unha ambulancia asistencial que  xa non puideron facer nada pola súa vida

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/03/2019