CRTVG

Buscar

Falece un home de 85 anos en Sevilla por un incendio na súa vivenda

Publicado o 06/10/2021 09:57

Un home de 85 anos, que vivía só, faleceu a pasada medianoite no incendio da súa vivenda no barrio sevillano de Triana. 

O lume declarábase pasadas as once da noite no oitavo piso dun edificio de nove andares. Foron os veciños os que alertaron aos servizos de emerxencia. Amais da vítima mortal, outro veciño tivo que ser trasladado ao hospital por inhalación de fume.

A Policía Nacional abriu unha investigación para esclarecer as causas do incendio. 

 

Noticias web

06/10/2021