CRTVG

Buscar

Falece un home de 79 anos e unha muller queda ferida nun accidente en Toledo

Publicado o 10/07/2020 08:34

Un home de 79 anos morreu e unha muller quedou ferida nun sinistro de tráfico en Toledo.
Aconteceu pouco antes do mediodía do xoves na A-5 á altura da localidade de Oropesa, en Toledo. O varón faleceu no momento. Segundo algúns medios, o turismo estaba na beiravía por causa dunha avaría e o camión impactou contra el. A muller foi trasladada ao hospital de Talavera de la Reina.

 

Noticias web

10/07/2020