Falece un home de 77 anos nun accidente de tráfico en Pontevedra
Publicado o 06/09/2021 17:24

EFE
Un home de 77 faleceu este mediodía nun accidente de tráfico que se rexistrou no concello de Pontevedra. O sinistro produciuse sobre as once e media da mañá nas inmediacións da ITV de Bora, segundo informou o servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
A vítima, que responde ás iniciais J.F.R. e era veciño de Campo Lameiro (Pontevedra), era o condutor dun dos dous coches que chocaron na rotonda que hai na zona. Os sanitarios, a pesar dos seus esforzos para atender este home, non puideron facer nada por salvarlle a vida e faleceu no lugar.
Ademais de dúas ambulancias do 061, ata o suceso desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Pontevedra, a Policía Local de Pontevedra e Protección Civil.