CRTVG

Buscar

Falece un home de 62 anos nun accidente mortal por saída de vía en Maside

Publicado o 14/02/2018 09:22

O condutor dun turismo faleceu na noite do martes nun accidente de tráfico rexistrado ao saírse da vía o vehículo e caer a unha altura duns tres metros no municipio de Maside (Ourense), mentres que o seu acompañante quedou ferido leve.

Segundo informou a Garda Civil de Tráfico de Ourense, o sinistro tivo lugar sobre as 22,05 horas do martes ao saírse da vía un vehículo pola marxe dereita e caer no quilómetro 24,4 da estrada N-541 ao seu paso por Maside.

Como consecuencia do sinistro faleceu o condutor do vehículo, de 62 anos e veciño de Negrelle, en Maside, mentres que o outro ocupante resultou ferido leve. Ao lugar o 061 enviou unha ambulancia asistencial e persoal sanitario do Punto de Atención Continuada (PAC) do Carballiño para atender a dúas persoas, unha das cales faleceu no punto. Pola súa banda, indicaron fontes sanitarias, o outro ocupante do vehículo, de 54 anos, foi trasladado ao centro médico O Carmen.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2018