CRTVG

Buscar

Morre un home de 41 anos ao envorcar e saír da vía o coche en que circulaba en Verín

Publicado o 09/08/2018 21:35

Un home de 41 anos faleceu esta madrugada nun brutal accidente de tráfico en Mourazos, no concello ourensán de Verín. Ía de acompañante e saíu despedido ao partir o turismo á metade. O condutor quedou detido por un presunto delito de homidicio por imprudencia. Superou o triplo da taxa máxima de alcol permitida. Quedou en liberdade coa obriga de presentarse o 1 e o 15 de cada mes.

Completamente desfeito quedou o turismo. Os dous mozos ían cara a Verín tras tomar algo na fronteira portuguesa e saíron da estrada nunha curva en Mourazos preto das 4 da mañá.

O primeiro en auxilialos foi un veciño que espertou co estrondo. Cando chegaron os bombeiros e o 061 nada puideron facer por salvarlle a vida. O acompañante tiña 41 anos e era natural de Verín. O condutor, malia que pareza incrible ao ver o estado en que quedou o coche, saíu ileso.

O condutor de 26 anos quedou detido por un presunto delito contra a seguridade viaria e outro por homicidio por imprudencia ao triplicar a taxa máxima de alcol permitida. No seu paso a disposición xudicial, este mediodía en Verín, vivíronse momentos de tensión.

Os dous mozos eran amigos e traballaban nunha empresa de autobuses en Verín.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/08/2018