CRTVG

Buscar

Investigan a morte dun home atropelado por un tren nunha zona restrinxida en Lugo

Publicado o 05/03/2019 19:35
Investigan a morte dun home atropelado por un tren nunha zona restrinxida en Lugo

Continúa aberta a investigación pola morte dun home, atropelado por un tren en Lugo. Á vítima, un home de 75 anos, natural de Chantada, alcanzouna un convoi na entrada de Lugo. A policía agora intenta determinar, entre outas cousas, que facía o falecido nesa parte da vía, xa que é zona restrinxida.

No covoi, que facía, na última madrugada, a ruta A Coruña-Madrid, ían só tres viaxeiros, que puideron continuar cara aos seus destinos tras restablecerse, unha hora despois do accidente, a circulación ferroviaria.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/03/2019