CRTVG

Buscar

Falece un home ao precipitarse desde o balcón dun hotel en Ourense

Publicado o 21/06/2021 19:14

Un home de 60 anos faleceu esta tarde en Ourense ao precipitarse desde o balcón dun céntrico hotel da cidade. Ocorreu contra as dúas da tarde, na rúa Cardenal Quevedo, que estivo preto de dúas horas pechada ao tráfico, durante a intervención dos equipos de emerxencias.

A Policía Nacional investiga as causas do suceso, que causou conmoción na zona, ao coincidir co horario de saída dun colexio situado xusto en fronte.

Noticias web

21/06/2021