CRTVG

Buscar

Falece ao chocar o vehículo en que viaxaba contra unha furgoneta na Baña

Publicado o 04/12/2018 08:48

Falece o condutor dun coche que chocou contra unha furgoneta no concello coruñés da Baña. O sinistro produciuse pouco despois das seis da tarde. O turismo procedía realizar un xiro á esquerda cando bateu con el a furgoneta, que circulaba en sentido contrario. Cando chegaron os sanitarios de urxencias xa non puideron facer nada pola vítima, que faleceu practicamente no acto.

Trátase dun tramo moi perigoso onde xa se produciron varios accidentes mortais.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/12/2018