Falece un home ao caerlle unha árbore enriba na súa leira en Vilasantar
Publicado o 15/01/2019 10:55

Un home faleceu onte pola tarde no Lugar de Raído, en Vilasantar (A Coruña), tras quedar atrapado debaixo dunha árbore nunha leira da súa propiedade na que estaba a traballar, segundo informou a Axencia Galega de Emerxencias (Axega).
Os feitos tiveron lugar arredor das 19.00 horas, cando os servizos sanitarios de urxencia alertaron ao 112 Galicia do ocorrido e, nada máis recibir o aviso, os xestores do CIAE informaron os bombeiros de Arzúa, a Garda Civil e o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Curtis. Os servizos de urxencia desprazáronse ao lugar dos feitos, onde puideron liberar o home, aínda que os profesionais sanitarios non puideron facer nada por salvar a súa vida e só puideron confirmar o seu falecemento.