CRTVG

Buscar

Falece un futbolista do Ameixenda ao caer co coche por un desnivel en Cee

Publicado o 01/07/2019 08:57

O accidente mortal ocorrido en Galicia, produciuse nun tramo da estrada de Cee a Muros á altura da parroquia da Ameixenda, ao redor das dúas da tarde. Os equipos de rescate non puideron facer nada, para salvar a vida do futbolista Bruno Castro Sambade, que se precipitou da vía pola que circulaba co seu vehículo, para caer logo por un desnivel, a tres quilómetros escasos da súa casa. Os bombeiros tiveron que excarcerar o corpo do mozo de 34 anos, xogador do equipo de fútbol local, a Sociedade Deportiva Ameixenda, que se atopaba atrapado no coche.

Noutros dous accidentes rexistrados en Navarra e Barcelona, falecían dous motoristas, un veciño de Pamplona de 42 anos, logo de chocar coa súa moto contra un panel direccional na nacional 214 e un home de 40 anos, ao bater contra unha árbore na cidade condal. Ademais, axentes da Gardia Civil detiveron un home de 33 anos por circular presuntamente a 223 quilómetros por hora e drogado, nun turismo de alta gama na AP-7, á altura de Gandía, en Valencia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/07/2019