Falece un dos dous bañistas arrastrados pola corrente nunha praia de Covas, en Ferrol
Un home de 48 anos morreu afogado esta tarde na praia ferrolá de Ponzos, en Covas. Pasaba das cinco da tarde cando os servizos de emerxencias recibiron a alerta de que dúas persoas estaban en apuros na auga, xa que as estaba arrastrando a corrente.
Finalmente unha desas persoas, un rapaz que intentaba auxiliar o outro bañista, logrou saír da auga polos seus medios, pero o outro home foi tragado polo mar e, malia os esforzos dos socorristas por salvarlle a vida, acabou morrendo.
AXEGAInforma de dous bañistas arrastrados pola corrente nunha praia de Covas. Un saíu polos seus propios medios da auga e outro foi rescatado polos socorristas, aínda que nada se puido facer por salvarlle a vida. Interveñen Sanitarios, @policia e Local. https://t.co/oSdeYtbHv0 pic.twitter.com/sIUZiwtnMX
— 112Galicia (@112Galicia) August 2, 2020