CRTVG

Buscar

Falece un condutor tras caer por un desnivel na AP-9 á altura de Padrón

Publicado o 03/04/2019 21:14

Accidente mortal na autoestrada AP-9. Un home faleceu ao saír da vía á altura de Padrón. Era o condutor e único ocupante do vehículo sinistrado. A Garda Civil de Tráfico está investigando as causas do accidente. O coche saíu da vía no quilómetro 86 da autoestrada AP-9 en dirección a Pontevedra e caeu por un noiro a 15 metros. O condutor quedou atrapado dentro do vehículo e tivo que ser liberado polos bombeiros. Cando chegaron os equipos sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento. Foi grazas á chamada dunha persoa que alertou o 112 que se puido localizar o vehículo. Ata o lugar desplazáronse o GES de padrón, os bombeiros de Boiro, a Garda Civil e o 061, que atoparon o corpo atrapado dentro do turismo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/04/2019