CRTVG

Buscar

Falece un ciclista de 52 anos atropelado por un camión en Bergondo

Publicado o 05/02/2020 16:52

Un ciclista faleceu ao ser atropelado por un camión nun accidente na zona de San Paio, Guísamo, segundo informa o 112 Galicia. O accidente produciuse arredor das tres e media da tarde. Ata alí se desprazou o 061 pero non puideron facer nada por lle salvar a vida. Tamén se mobilizou a Garda Civil, a Policía Local e os bombeiros de Betanzos.

A vítima é Pedro Manuel Alonso Prado, de 52 anos. Este veciño de Oleiros traballaba como bombeiro, pero tamén era coñecido pola súa paixón polo tríatlon. No momento do accidente mortal, ía xunto a tres compañeiros ciclistas.