CRTVG

Buscar

Falece un ciclista de 90 anos en Sarreaus tras sufrir supostamente un infarto

Publicado o 09/09/2018 22:22

Faleceu un ciclista esta tarde en Cortegada, no concello ouresán de Sarreaus.

Ata o lugar achegouse o helicóptero do 112, o GES de Laza e a Garda Civil de Tráfico pensando que se trataba dun accidente, o corpo estaba tendido nunha estrada da aldea coa bicicleta ao seu lado. Os servizos de urxencias médicas, que se desprazaron ao lugar, confirmaron que foi unha morte natural, sospeitan que caeu da bici ao darlle un infarto. O falecido tiña 90 anos. A Garda Civil de Vilar de Barrio faise cargo do suceso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/09/2018