CRTVG

Buscar

Falece un ciclista en Foncuberta, no concello de Maceda, atropelado por un turismo

Publicado o 07/09/2020 07:59

En Foncuberta, no concello ourensán de Maceda, faleceu esta tardiña un ciclista atropelado por un turismo que viña da novena do Santuario dos Milagres. 

O falecido tiña 72 anos e, malia que se achegou ata o lugar o helicóptero de emerxencias e unha ambulancia, non puideron salvarlle a vida. A condutora do turismo deu negativo en alcol e drogas.