CRTVG

Buscar

Falece un ciclista de 60 anos tras saír da vía en Caldas de Reis

Publicado o 02/08/2020 12:12

Hoxe remata a segunda operación saída do verán, unha operación atípica con moito menos tráfico nas estradas ca noutras ocasións, pero que en Galicia xa nos deixa unha vítima mortal.

Un ciclista de 60 anos e veciño de Valga faleceu tras saír da vía pola marxe esquerda e bater co gardarraíl na N-550. O suceso aconteceu pouco despois das dez da mañá. A Garda Civil sospeita que a vítima perdeu o equilibrio ao querer cambiar a traxectoria.

Noutro sinistro de tráfico, esta mañá, na N-120 a altura de Soutomaior, en Mondariz, envorcou un vehículo conducido por unha muller de 79 anos. Foi unha saída de vía.