CRTVG

Buscar

Unha persoa falecida tras arder o seu coche en Arteixo

Publicado o 12/04/2019 08:17

Pouco puideron facer os servizos de urxencias pola vítima. O coche prendeu lume co seu único ocupante dentro. A Garda Civil investiga que puido pasar para que o vehículo se incendiara e que, ademais, o home non dera saído del.

O que sabemos é que contra as oito da tarde o aviso do 112 daba conta dunha saída de vía dun turismo en Arteixo, que comezara a arder e que había unha persoa dentro. Foron urxencias sanitarias, protección civil, os bombeiros, a Policía Local e Tráfico. Cando chegaron, apagaron as lapas e comprobaron que o condutor, de 82 anos, si estaba aí, calcinado dentro do seu coche. O accidente foi a trinta metros da súa casa, no lugar da Telleira, parroquia de Armentón, e, de feito, os servizos sanitarios e a Policía Local foron atender a muller do falecido, que viu todo o que ocorreu.

Noticias web

12/04/2019