Falece un bebé nunha escola infantil de Ourense
Publicado o 12/07/2021 14:54

A policía xudicial e os técnicos forenses da científica, investigan no lugar as circunstancias do falecemento dun bebé esta mañá nunha escola infantil da cidade de Ourense.
Todos os indicios apuntan a un caso de morte súbita do bebé. Ao parecer a coidadora achegouse a el para cambiarlle o cueiro e atopouno sen vida. A autopsia determinará as causas da morte.