CRTVG

Buscar

O coronavirus causa as dúas primeiras mortes en Italia, onde illan a 40.000 habitantes

Publicado o 22/02/2020 11:03

• O home, de 78 anos, faleceu o venres na zona do Veneto, e a segunda vítima é unha muller, na rexión de Lombardía

Son máis de dous mil mortos e 76.000 os afectados na China

 

 

Os medios italianos informan este sábado da segunda morte polo COVID-19, unha muller da que non proporcionan a idade e que se contaxiaría no foco de Lombardía, rexión na que están rexistrados 26 persoas contaxiadas. 

O coronavirus desembarca en Italia. Un home de 78 anos é a primeira vítima mortal por esta enfermidade no país. Ademais, os contaxios das últimas horas obrigan a illar dez localidades cun total de 40.000 habitantes, e a poñer en corentena dúascentas cincuenta persoas.

O goberno rexional de Lombardia obrigou a pechar todos os locais públicos e recomendou os habitantes non sair da casa nas próximas horas. De momento non teñen claro o foco do contaxio.