Falece un ancián de 91 anos no incendio da súa vivenda na Coruña
Publicado o 07/02/2019 19:23
A policía investiga as causas dun incendio ocorrido no interior dunha vivenda na Coruña en que morreu un home de 91 anos. Cando os bombeiros accederon á vivenda, despois de botar abaixo a porta de entrada, atopárono tirado no chan da cociña. Todo apunta a que o home, que vivía só, morreu por inhalación de fume. A blindaxe da porta complicoulles o acceso aos bombeiros. É moi probable que falecese asfixiado por inhalación de fume.
O lume non afectou as outras vivendas do edificio e non foi preciso desaloxar os veciños.