Falece un ancián atropelado na Estrada
Publicado o 07/09/2019 13:30
O home cruzaba correctamente por un paso de peóns
Dúas vítimas mortais nas estradas galegas nas últimas horas. Un ancián de 84 anos falecía esta mañá no concello pontevedrés da Estrada tras ser atropelado cando cruzaba correctamente por un paso de peóns. Ao parecer o home dirixíase a tirar o lixo cando un turismo o levou por diante. O sinistro produciuse pasadas as 9 e media da mañá na avenida Benito Vigo, á altura da praza do concello. A vítima era veciño da Estrada.