CRTVG

Buscar

Morre un mozo de 24 anos na Illa de Arousa tras bater co quad contra un escaparate

Publicado o 09/08/2020 09:15

Contra as catro da mañá moitos veciños sentiron un vehículo circular a gran velocidade, seguido dun gran estrondo e berros. Moitos non saíron porque é unha zona en que adoita haber accidentes. Os que si o fixeron viron o corpo de Adrián case sen vida, malia os esforzos dos membros de Protección Civil de Cambados e do 061.

Ata o lugar achegáronse dúas ambulancias do 061, pero xa nada se puido facer pola vida deste mozo de 24 anos, veciño da Illa da Arousa e mariñeiro. Adrián pertence a unha familia moi coñecida e querida na vila que se dedica á comercialización de mexillón e ten unha empresa de cordelería. A Garda Civil investiga as causas do sinistro, inicialmente barállase un exceso de velocidade ou un fallo mecánico.