CRTVG

Buscar

Falece un home en Chapela tras chocar o seu coche cun camión estacionado

Publicado o 30/08/2019 21:22

 • Houbo que localizar o condutor do camión para que o movese e así poder liberar o coche e o seu ocupante

As imaxes reflicten o brutal impacto en que perdeu a vida un home de 39 anos, veciño de Salvaterra de Miño. Conducía un turismo que saíu da vía e impactou contra un camión estacionado na beiravía na estrada que une Vigo con Redondela á altura de Chapela. Sucedeu pasadas as doce da noite e os veciños foron os primeiros en tentar auxiliar o condutor.

Ata catro unidades dos bombeiros de Vigo e do Porriño desprazáronse a zona para liberar a vítima. Para facelo houbo que localizar o propietario do camión para que movera un tráiler que acostuma estacionar nesta beiravía. Hoxe relataba consternado o acontecido.

Precisamente do exceso de velocidade ao que circulan os vehículos por esta estrada quéixanse os veciños da zona que levan tempo reclamando que se tomen medidas.

O exceso de velocidade é unha das hipoteses que se manexa pero haberá que agardar ao resultado da investigación que mantén aberta a Garda Civil para determinar as causas exactas do sinistro.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/08/2019