CRTVG

Buscar

Falece tras caer mentres traballaba nun hórreo na súa vivenda, en Santiago

Publicado o 23/10/2019 19:47
Falece tras caer mentres traballaba nun hórreo na súa vivenda, en Santiago

Un home, duns 70 anos, faleceu este mércores tras caer mentres traballaba nun hórreo da súa propia vivenda, no municipio de Santiago de Compostela.

O suceso rexistrouse preto das 13,30 horas, nunha vivenda situada na parroquia de Enfesta, concretamente no lugar de Frades. Ata o lugar desprazáronse efectivos do 061 e unha ambulancia medicalizada, pero a persona faleceu sen que os profesionais sanitarios puidesen facer nada por salvarlle a vida.

Así mesmo, achegáronse axentes da Policía Nacional, co fin de coñecer as circunstancias en que se produciu o suceso.