CRTVG

Buscar

Falece Suso Morlán, o adestrador que levou ao éxito a David Cal, aos 52 anos

Publicado o 12/11/2018 10:05

E acabamos cunha perda importante. O deporte galego está hoxe de loito polo falecemento de Suso Morlán. O adestrador do padexeiro David Cal morreu onte no Brasil aos 52 anos, despois dunha loita contra unha longa enfermidade. Morlán foi o home que guiou os éxitos de Cal cos seus innovadores métodos de adestramento. Morlán levou o piragüismo galego á gloria olímpica e dende hai uns anos traballaba para a federación brasileira. Coa súa perda, o piragüismo español perde un dos seus grandes referentes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/11/2018