Falece Olegario Giménez, o 'rei dos xitanos'
Publicado o 23/03/2021 13:32

A comunidade xitana galega está de loito: faleceu o 'rei dos xitanos'. Olegario Giménez Salazar, patriarca do clan dos Moróns, morreu a pasada madrugada, aos 71 anos, no hospital Povisa de Vigo, onde foi ingresado en repetidas ocasións por diversas patoloxías.
Os achegados velan o corpo na vivenda familiar de Tomiño e esta tarde está previsto que se oficie o funeral. Olegario Giménez exerceu como 'rei dos xitanos' durante 23 anos, ata que lle deu a remuda ao seu fillo Sinaí debido ao seu delicado estado de saúde.