CRTVG

Buscar

Falece o xornalista Emilio Alonso Pimentel, cronista da movida de Vigo

Publicado o 15/06/2020 21:14
Falece o xornalista Emilio Alonso Pimentel, cronista da movida de Vigo

Despedimos a Emilio Alonso Pimentel, xornalista musical e axitador cultural que faleceu en Vigo aos 61 anos. Fillo de Xesús Alonso Montero e Emilia Pimentel foi brillante cronista e teimudo investigador da chamada movida de Vigo.

Intuitivo, apaixonado, ás veces incendiario, comezou nos anos oitenta en Radio Nacional de España de Vigo. Alí foi a voz de programas emblemáticos como Montaje Curioso e A Trincheira. Na literatura debuta coa novela Mercurio en 2009 e recompila os seus valiosos arquivos dos oitenta no enciclopédico Vigo a 80 revolucións por minuto, editado por Xerais en 2011. Na Televisión de Galicia foi guionista de espazos como Café Café, Televisión Total ou Emerxentes. Emilio Alonso, boa viaxe.

Noticias web

15/06/2020