CRTVG

Buscar

Falece o xornalista e escritor coruñés Pablo López Orosa

Publicado o 16/11/2019 22:00

Loito no xornalismo galego. Faleceu o xornalista e escritor coruñés Pablo López Orosa. Tiña 34 anos e, tras o seu paso por varios medios, traballaba como reporteiro independente e cronista internacional en países con conflitos abertos. Fora recoñecido co Premio de Xornalismo Solidario Memorial Joan Gomis.

O xornalista regresara o 31 de outubro de Mozambique. Hai uns días comezou a sentirse mal. Falecía a última hora da tarde de onte na súa casa.

Noticias web

16/11/2019