CRTVG

Buscar

Morre o home cuxo caso reabriu o debate da eutanasia en Francia

Publicado o 11/07/2019 18:53

 Morre Vincent Lambert, o home que encarnou o debate da eutanasia en Francia. E foino sen ser consciente, pois levaba dez anos en estado vexetativo e non deixara testamento vital ningún. A súa situación dividiu a súa familia e a sociedade francesa. Mentres os seus pais querían que seguira conectado ás máquinas que o mantiñan con vida, a muller e outra parte da familia Lambert querían, precisamente, o contrario. Tras unha longa lea xudicial, foi desconectado hai nove días e faleceu esta mañá, nun hospital de Reims. En Francia a eutanasia non é legal, pero hai unha lei que recolle a limitación dos tratamentos médicos en casos extremos.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí