CRTVG

Buscar

Falece o recoñecido xurista Cándido Conde-Pumpido

Publicado o 02/05/2019 21:15

Faleceu Cándido Conde-Pumpido, pai do maxistrado do Tribunal Constitucional, Cándido Conde-Pumpido Tourón.

O recoñecido xurista nacera hai 94 anos en Caldas de Reis e ocupou, entre outros cargos, o de fiscal xefe de Pontevedra, fiscal do Tribunal Supremo e número dous da Fiscalía Xeral do Estado durante a época da transición. Era tamén autor de numerosos, e moi valorados, libros de análise xurídica.

Os restos mortais son velados no tanatorio de Pereiró, en Vigo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/05/2019