CRTVG

Buscar

Falece o primeiro xuíz que procesou a Pinochet

Publicado o 23/01/2021 00:14
Falece o primeiro xuíz que procesou a Pinochet

O xuíz Guzmán Tapia

Guzmán Tapia foi o primeiro xuíz chileno que procesou o ditador Augusto Pinochet por crimes de lesa humanidade. Tiña 81 anos. Tapia fora designado en 1988 para investigar a Pinochet pola chamada caravana da morte, unha serie de asasinatos ocorridos no norte do país durante os primeiros días da ditadura militar. O mesmo ano en que Guzmán iniciou as dilixencias, Pinochet era detido en Londres tras aprobarse o seu desaforamento como senador vitalicio. Pinochet regresou a Chile en setembro do 2000. Foi procesado por Guzmán pero unhas semanas despois a Corte Suprema desestimou o caso por demencia.

Máis sobre actualidade