Falece o pescador rescatado tras caer á auga por un golpe de mar en Fisterra
Publicado o 26/10/2021 08:34

Falece o pescador que foi rescatado da praia da Arnela, en Fisterra. Foi trasladado en helicóptero ata o hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Salvamento Marítimo rescatou o home, que caeu á auga por un golpe de mar cando estaba a pescar nunhas rochas co seu fillo. Nas tarefas de rescate tamén participaron a Garda Civil, a Policía Local, Protección Civil e varios pesqueiros que navegaban pola zona.