CRTVG

Buscar

Falece o neno de catro anos que caera hai oito días nunha piscina particular de Córdoba

Publicado o 26/11/2019 08:28
Falece o neno de catro anos que caera hai oito días nunha piscina particular de Córdoba

Faleceu un neno de catro anos que caeu o 18 de novembro a unha piscina dunha vivenda do núcleo das Pinedas, no termo municipal de La Carlota (Córdoba). O menor atopábase moi grave por afogamento e entrou en estado crítico na unidade de coidados intensivos pediátrica do hospital de Córdoba.

Os feitos ocorreron ás 15.30 horas do pasado 18 de novembro, en circunstancias non precisadas, e o neno foi atendido en La Carlota por unha unidade de Emerxencias Sanitarias da Junta de Andalucía, que o trasladou en helicóptero ata o hospital. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí