Falece o empresario Manuel Jove aos 79 anos
Faleceu aos 79 anos o empresario Manuel Jove, un dos homes máis ricos de Galicia. Pertence á xeración de empresarios coruñeses, como Amacio Ortega ou Rosalía Mera, que triunfaron no mundo dos negocios partindo de posicións humildes.
Jove empezou traballando como carpinterio co seu pai e montou unha construcctora nos anos 60 (Fadesa) que chegou a ser a primeira de España. No seu último informe, a revista Forbes di que ten un patrimonio de 1.700 millóns de euros. A décimo sétima fortuna de España.
Actualmente era o máximo accionista de Inveravante, a sociedade creada por Jove para dirixir o seu grupo empresarial. Promoveu a fundación María José Jove a prol da infancia, en recordo da súa filla prematuramente falecida. Felipa, a súa outra filla, é a súa directora. O empresario arrastraba unha enfermidade desde hai un ano.