Falece o doutor, antropólogo e historiador José Carro Otero
Publicado o 23/04/2021 16:25
Faleceu o médico e antopólogo José Carro Otero. Esta pasada fin de semana acompañábanos no espazo A revista, da Televisión de Galicia, para compartir o seu coñecemento sobre a historia das pandemias.
Carro Otero, de 78 anos, presidía na actualidade a Real Academia de Medicina de Galicia. Tamén fora concelleiro de Santiago e asesor de Manuel Fraga na Xunta de Galicia.