CRTVG

Buscar

Falece o director do máster de Cristina Cifuentes

Publicado o 01/04/2019 21:46
Falece o director do máster de Cristina Cifuentes

Enrique Álvarez Conde, o que fora director do máster de Cristina Cifuentes, morreu esta mañá en Madrid.

O catedrático da Universidade Rey Juan Carlos padecía un cáncer de pulmón. Tiña 66 anos e era un dos catro imputados no caso do polémico máster. A Fiscalía pedía para el 3 anos e nove meses de prisión ao imputarlle un delito de coautor de falsidade documental. Fora apartado, ademais, de todas as suas funcións na universidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/04/2019